- Clara Domínguez. Neuróloga. CHUS
Dacordo coas guías da Sociedade Española de Neuroloxía sólo hai dous suplementos que teñen demostrado certo impacto na memoria dos pacientes con demencia:
Gingko Biloba
Aínda que os resultados dos estudios son moi controvertidos, parece que o extracto de Gingko Biloba EG761 pode mellorar as función cognitivas, as actividades da vida diaria e a impresión clínica global de personas con deterioro cognitivo asociado a idade e demencia leve.
Fortasyn-Connect
É unha combinación específica de nutrintes en forma de alimento de uso médico (unha bebida de toma diaria) que ten demostrado mellorar a memoria en pacientes con enfermidade de Alzheimer leve, aínda que sin mellorar a funcionalidade nin a cognición global do paciente.
Ademais destes dous productos, podemos atopar moitos suplementos e herbas que afirman mellorar a memoria, tanto en farmacias, herbolarios, por internet ou ata no supermercado. Dende o punto de vista médico estes tratamentos non teñen evidencia, é decir, non demostraron a súa eficacia en ensaios clínicos controlados, e na maior parte dos casos van supoñer un gasto inútil de cartos. Si vostede decide tomar algún destes suplementos consulte sempre co seu médico para estar seguro de que non lle van facer dano ou interaccionar con outras medicacións.
