Tecnoloxía que nos axuda

  • Ana Díaz Cortés. Socióloga

Nos últimos anos fóronse desenvolvendo diferentes aplicacións e ferramentas moi útiles para as demencias. Por unha banda, existen sistemas de estimulación cognitiva e sensorial como os calendarios dixitais ou os reloxos que falan e que demostraron que axudan co concepto do tempo, a memoria e a seguridade nas persoas con discapacidades cognitivas leves ou demencia.

Tamén existen ferramentas que axudan a que os pacientes permanezan mental e fisicamente activos, accesibles desde unha App ou un teléfono intelixente. Doutra banda, a tecnoloxía tamén pode axudar a aliviar un pouco a carga dos coidadores e a seguridade de paciente no fogar grazas a recursos como camas cota cero, sensores de movemento, control de errantes, pulseiras de xeolocalización etc.