- Belén Vaz Luis. Arquitecta especialista en accesibilidad universal.
- Ana Díaz Cortés. Socióloga
A arquitectura non pode curar a enfermidade de Alzheimer e outras demencias, pero si ofrecer unha solución de apoio. Existen moitas ferramentas útiles cando a deterioración avanza. Non hai que esquecer que o illamento da contorna e o sobreesforzo físico e cognitivo agravan a enfermidade.
Como apoiar á persoa e ás súas coidadoras nas diferentes etapas da demencia?
Nos estadíos iniciais a arquitectura pode axudar a estimular e manter a autonomía o maior tempo posible.
Se a persoa se atopa nun estadío intermedio, debemos incentivar a súa autonomía e promover a súa seguridade persoal. Para iso empregaremos axudas técnicas de apoio que contribúen a manter durante máis tempo a autonomía nas actividades da vida diaria, atrasando a dependencia de terceiras persoas.Finalmente, cando nos atopamos coa enfermidade moi avanzada, é primordial evitar situacións de risco e inseguridade para a persoa afectada. Por conseguinte, debemos buscar ferramentas de substitución na arquitectura en contornas de acougo e domésticos.
Consellos útiles
- Mobiliario simple e funcional. Debe ser sinxelo de entender, eliminando a complexidade e de maneira que sexa o máis intuitivo posible.
- Información comprensible. Optar por deseños que propoñan información gráfica, verbal e táctil; con contraste cromático e lexible e con criterios de comunicación directos.
- Seguridade de uso. Conforme avanza a enfermidade, os descoidos incrementan para todas as persoas (paciente e coidador/a). É importante reducir ao mínimo os perigos e consecuencias das accións involuntarias ou accidentais. Que nos axuda? Pensar en deseños e/o mobiliario que protexan, illen ou eliminen os posibles riscos.
- Espazo e tamaño para acceso e uso. O espazo debe permitir a súa aproximación, alcance, manipulación e uso tendo en conta que poden ser empregados por persoas requiren, tamén, de “flexibilidade de uso”.
- Facilitar a concentración na demencia. É importante preparar a contorna onde estará a persoa con demencia. Que nos axuda? Eliminar elementos que poidan distraer ou alterar como ruídos, focos de luz moi intensos etc.

