Estou preocupado pola miña memoria

  • José Ramón Lorenzo. POVISA
  • Clara Domínguez. CHUS

Moitas personas consultan porque lles parece que teñen menos memoria ou notan outros problemas cognitivos (dificultade para certas tarefas mentais). Con todo, na consulta, non se detecta nas probas realizadas (tests de memoria) ningunha alteración, e os síntomas que contan os pacientes e as súas familias non parecen alarmantes. A esta situación lle chamamos “queixas subxectivas de memoria”, é dicir, a persona nota que non ten a mesma capacidade que antes, pero este cambio non é perceptible dende fora.

Iso quere decir que non teño nada?

Quere decir que polo momento non hai ninguna enfermidade da memoria ou do cerebro detectable. Non se pon en dúbida que vostede note eses cambios na súa capacidade de memoria ou de pensamento, pero non alcanzan uns niveis que consideremos preocupantes ou sospeitosos dunha enfermidade.

Entón que me pasa?

Existen moitas situacións que, sin ser enfermidades da memoria, poden producir a sensación de ter menos memoria ou capacidade mental que antes.

  • Algúns tratamentos (pastillas para durmir, tratamentos psiquiátricos…)
  • Cansanzo
  • Falta de sono
  • Sobrecarga de traballo ou responsabilidades
  • Dor crónica
  • Depresión ou ansiedade
  • Alteracións metabólicas como, por exemplo, enfermidades da tiroides
  • Cambios hormonais
  • O envellecemento normal

… e moitos máis.

En moitos casos, mesmo a excesiva preocupación por ter demencia fai que lle deamos moita importancia a decoidos normales. Isto é moi frecuente en personas con antecedentes familiares de demencia que teñen medo de presentar eles mesmos a enfermidade.

Quere decir que non vou ter demencia nunca?

Non, non podemos ver o futuro, quere decir que neste momento non hai datos que suxiran que haxa ningún problema médico. Algúns estudos apuntan a que as personas que perciben estes fallos, aínda que teñan probas normales, teñen un lixeiro aumento no risco de desenrolar demencia nos seguintes anos, pero estes achados son moi controvertidos.

Que podo facer para non empeorar?

O primeiro, con axuda dos profesionais sanitarios, identificar si hai algún factor que poda estar empeorando as súas capacidades cognitivas e solucionalo (por exemplo, tratar unha depresión ou reducir a carga de traballo e o estrés).

Ademais, hai determinados cambios no estilo de vida que demostraron previr  a demencia e que todos podemos aplicar para un envellecemento saludable:

  • Manternos intelectualmente activos (ler, música, xogos, manualidades, coidado da casa, plantas e animais…) con actividades que nos gusten e nos fagan pensar cada día.
  • Manternos socialmente activos (buscar a compaña dos demáis, conversar e desenvolver actividades en grupo).
  • Realizar exercicio físico adaptado a idade

Neste sentido nos últimos anos xurdiron moitos grupos de ocio e actividades dirixidos a personas da terceira idade que poden ser de grande axuda (podes buscar grupos e actividades cercanas no noso mapa de recursos).

Que fago se vai a máis?

Si pasado un tempo prudencial (varios meses ou incluso un ano) vostede ou os seus amigos e familiares detectan que vai a peor, debe consultar de novo.