- Ana Díaz Cortés. Socióloga
A esperanza de vida das persoas é cada vez máis alta. Isto fomentou a aparición dun gran mercado de servizos e produtos orientados ás persoas maiores, así como a actividades destinadas a mellorar o seu estado físico e mental. Estas actuacións enmárcanse no que se denomina “envellecemento activo”, que pretende abarcar de forma global as necesidades das persoas de máis idade co fin de aumentar a súa calidade de vida para compensar os efectos do paso dos anos.
A sociedade debe apoiar unha cultura do envellecemento activo e saudable e debe proporcionar ás persoas maiores oportunidades para ser independentes, produtivos e gozar de boa saúde.
Para favorecer o envellecemento activo é moi importante ter uns hábitos saudables, gozar das relacións sociais e evitar o illamento, o que, doutra banda, favorecerá o mantemento das capacidades cognitivas.






