O estigma na demencia

  • Ana Díaz Cortés. Socióloga

Enténdese por “estigma” unha condición, atributo ou comportamento que supón para a persoa portadora o encasillamiento nunha determinada categoría social que xera unha resposta negativa. As persoas estigmatizadas non son aceptadas como iguais polos demais e son recoñecidas como inferiores.

En pleno século XXI, as demencias seguen sendo un tabú en certos ámbitos. Algunhas persoas aínda esconden o diagnóstico a familiares ou amigos por medo esa resposta negativa por parte da sociedade.

Reducir o estigma asociado ás demencias non é unha tarefa individual senón colectiva, e a mellor vía para facelo é dando visibilidade á enfermidade.

Consellos útiles

  • Disipar mitos e estereotipos entre a poboación xeral.
  • A linguaxe é moi importante, así pois, é diferente falar de pacientes ou enfermos a facelo de persoas. Poñer énfase na persoa e non na súa condición, axudaranos a previr o dano que poden facer as palabras.
  • Igual de prexudiciais son os estereotipos negativos. As persoas con demencia non son ‘tolas’ nin perderon a razón. Manifestar ideas deste tipo xera máis discriminación e favorece actitudes que violan algúns dereitos humanos básicos como o dereito á toma de decisións vitais ou á información sobre o seu propio estado de saúde.
  • É moi importante fomentar a vida pública, incluíndo actividades culturais, de lecer e deportivas.