Que podo facer para evitar ou retrasar a demencia?

  • Ester Suárez. CHUF
  • Clara Domínguez. CHUS

Aínda que unha parte do risco de ter demencia non depende de nós (herdanza xenética, idade...), o noso estilo de vida inflúe e hai moitas cousas que podemos facer para manter san o cerebro.

Os estudios demostran que as personas con certos comportamentos entre os 40 e os 65 anos teñen menos risco de desenvolver demencia. Estes comportamentos son:

  • Actividade mental, física e social regular
  • Non fumar
  • Non beber alcol ou si se bebe, con moderación: o máximo recomendado para homes serían 20 mg/día, dous vasos de viño, e para mulleres 10g/día, un vaso de viño.
  • Seguir unha dieta sana

O feito de estar físicamente inactivo, fumar, beber en exceso ou seguir unha dieta con moitas graxas e azúcares fai que as nosas arterias e o noso corazón funcionen peor, e isto ten un impacto directo no funcionamente do cerebro e o seu envellecemento prematuro. O alcol, ademais, é unha toxina que fai dano de forma directa ás celulas do sistema nervioso.

Por tanto, se queremos reducir o noso risco de desenvolver demencia, aquí temos unha lista de tarefas:

  • Enriquece a túa vida: chama a un amigo, le, arranxa o xardín ou únete a unha actividade en grupo no teu barrio
  • Fai exercicio regular (o ideal, 30 minutos ó día 5 días á semana)
  • Fai unha dieta saudable con moitos vexetais e peixe, reducindo os azúcares e as graxas
  • Vixila os teus factores de risco vascular: controla a túa tensión, colesterol e azúcar en sangue de forma regular no teu médico de cabeceira.
  • Bebe menos alcol
  • Deixa de fumar
  • Desafía ao teu cerebro: fai algo novo de cando en vez (pasea por un roteiro diferente, aprende un novo xogo de cartas, resolve un encrucillado…)
  • Vixila a túa saúde mental: pide axuda se te notas baixo de ánimo ou ansioso