- María José Moreno. Neuróloga. CHUVI
- Clara Domínguez. Neuróloga. CHUS
A demencia é un problema de saúde moi frecuente, e espérase que o número de casos aumente moito nos próximos anos polo envellecemento da poboación. O número crecente de persoas afectadas supón un reto para os sistemas sanitarios e para toda a sociedade. Para facérmonos unha idea, aquí van algunhas cifras:
• No ano 2015, segundo datos da OMS, o Alzheimer e outras demencias afectaban a 47 millóns de persoas en todo ou mundo (en torno ó 5% dá poboación de idade avanzada), cifra que se preve que aumente a 75 millóns en 2030 e 132 millóns en 2050.
• Algúns estudos estiman que cada ano hai uns 9,9 millóns de novos casos no mundo, o que significa que aparece un novo caso cada 3 segundos.
• En España viven con demencia 1.200.000 persoas. En 2050 o número de enfermos aumentará nun 66%, superando os 3.600.000 persoas.
• En Galicia calcúlase que hai unhas 70.500 persoas diagnosticadas de Alzheimer ou algún outro tipo de demencia.













