- Ana Díaz Cortés. Socióloga.
Asuntos legais e financieros
Cando chega un enfermidade como esta, non pensamos de entrada en cuestións prácticas para o futuro, pero é importante pensar nelas e buscar consello sobre estes asuntos. Mentres a persona sexa capaz de manifestar os seus desexos e de entender as consecuencias das súas decisións, pode aínda facer planes nos terrenos legal e financieiro. Esto normalmente sucede nas fases iniciales da enfermidade, sendo máis difícil despois. Si hai dudas sobre a capacidade da persona de tomar estas decisións, é mellor consultalo co médico. Algúns aspectos a ter en conta tralo diagnóstico, no caso de poder aínda tomar decisións por si mesmos, son:
- Elixir un representante ou persona de confianza que tome as decisións legais e financieiras cando nos xa non sexamos capaces e designalo de forma legal nas formas determinadas.
- Poñer os asuntos do banco en orde e facilitar o seu manexo: unificar contas, domiciliar recibos, etc...
- Escoller unha persona de confianza e explicarlle onde están os papeles importantes da casa
- Poñer a unha persona de confianza autorizada na conta bancaria para axudarnos e controlar que non fagamos gastos indebidos ou perdamos cartos.
Saúde e coidados
Ademais dos esforzos de adaptación que conleva a transición dunha etapa do ciclo a outra, ao longo da vida da familia preséntanse situacións sobreañadidas, acontecementos vitais estresantes que dan lugar, en moitas ocasións, a crises familiares que se non son resoltas repercuten na saúde individual e na función familiar.
No caso de coidado de longa duración é moi importante establecer unha prevención do estrés en aras de preservar a saúde familiar, tanto física como emocional.
Así mesmo tamén é conveniente non descoidar a saúde dos propios pacientes. Máis aló da propia demencia, os enfermos están expostos a sufrir outras patoloxías polo que é conveniente establecer estratexias de prevención, manter as pautas de vacinación sempre que se poida e estar alerta a outros síntomas que se poidan presentar.
Fase final da enfermidade
Os coidadores han de tratar de preservar a calidade de vida e a dignidade do enfermo. En ocasións, o coidado no fogar vólvese complexo xa que o enfermo vólvese máis vulnerable ás infeccións e, en moitos casos, pode ter problemas de mobilidade engadidos. Resolver a atención na etapa final adoita ser unha das decisións máis difíciles ás que se enfrontan as familias. Nesta etapa valórase a institucionalización, un paso que debe acordarse de maneira conxunta e coa maior información posible.













