Que síntomas poden aparecer?

  • Clara Domínguez. Neuróloga. CHUS

As personas con demencia poden presentar un ou varios dos seguintes sintomas, que se irán sumando a medida que avance a enfermidade:

  • Esquecer conversas, recados ou sucesos recientes
  • Confundirse co tempo e as datas
  • Confundir personas cercanas
  • Non recoñecer obxectos de uso común
  • Dificultade para ir a mercar, cociñar e outras tarefas do día a día
  • Dificultade para levar conta dos cartos
  • Cambios de carácter, volverse moi irritable
  • Repetir preguntas ou anécdotas
  • Dificultade para atopar palabras
  • Non ser quen de seguir unha conversación
  • Non ser quen de seguir o argumento dunha película ou un libro
  • Preferir falar de cousas de moi atrás en lugar das máis recentes
  • Problemas para asearse ou vestirse
  • Non recoñecer a familiares e amigos
  • Alucinacións (ver cousas que non son reais e pensar que o son)
  • Perder o ritmo do sono e levantarse no medio da noite
  • Ter problemas de incontinencia

A medida que a enfermidade avanza van precisar máis apoio e axuda para todo, de forma que o coidador tamén vai necesitar máis apoio por parte do seu entorno.