- Clara Domínguez. Neuróloga. CHUS
As personas con demencia poden presentar un ou varios dos seguintes sintomas, que se irán sumando a medida que avance a enfermidade:
- Esquecer conversas, recados ou sucesos recientes
- Confundirse co tempo e as datas
- Confundir personas cercanas
- Non recoñecer obxectos de uso común
- Dificultade para ir a mercar, cociñar e outras tarefas do día a día
- Dificultade para levar conta dos cartos
- Cambios de carácter, volverse moi irritable
- Repetir preguntas ou anécdotas
- Dificultade para atopar palabras
- Non ser quen de seguir unha conversación
- Non ser quen de seguir o argumento dunha película ou un libro
- Preferir falar de cousas de moi atrás en lugar das máis recentes
- Problemas para asearse ou vestirse
- Non recoñecer a familiares e amigos
- Alucinacións (ver cousas que non son reais e pensar que o son)
- Perder o ritmo do sono e levantarse no medio da noite
- Ter problemas de incontinencia
A medida que a enfermidade avanza van precisar máis apoio e axuda para todo, de forma que o coidador tamén vai necesitar máis apoio por parte do seu entorno.













