Situacións especiais

  • Ana Díaz Cortés. Socióloga

Viaxes

O diagnóstico de demencia ou deterioro cognitivo non debe implicar o abandono inmediato das viaxes si é algo que nos gusta facer. Co apoio adecuado e tendo cerca a un coidador de referencia a persona con demencia pode seguir viaxando e disfrutando ata fases moderadas-avanzadas da enfermidade. Tanto si as viaxes son por pracer como por necesidade (por exemplo, traslado durante as vacacións á casa doutro familiar) é bo ter unha serie de cousas en conta:

  • Intentar que o novo espacio resulte o máis familiar posible, levando con nos certos obxectos clave como fotos, roupa de cama...
  • Manter un ritmo de actividades moderado e evitar sobrecargar á persona con moitos espacios, comidas e personas novas ó mesmo tempo.
  • Tentar manter as rutinas da casa e os horarios axudará á adaptación da persona ó novo entorno
  • Levar sempre connosco o historial médico e medicación suficiente de uso habitual para poder facer fronte a incidencias durante a viaxe.

Ingresos hospitalarios

Un ingreso no hospital é un momento especialmente delicado para unha persona con demencia. O feito de estar enfermo e as características de vida no hospital (xente nova a diario, cambios de horarios, dificultade para durmir, falta de actividade...) poden contribuir a que haxa un empeoramento agudo e franco dos síntomas de demencia. Hai certas cousas que podemos facer para axudarlles a levar mellor o  ingreso:

  • Asegurarnos de que teñen os seus obxectos personais a man
  • Crear un ambiente o máis familiar posible (levarlle unha peza de abrigo da casa, unha manta, o marco de fotos que ten na mesilla...)
  • Tentar evitar o aburrimento e mantelos ocupados con conversa, xogos se aínda son quen de xogar ou tarefas que poidan facer no hospital (botarlle unha ollada o xornal, ou calcetar)
  • Moverse na medida que a enfermidade o permita: pasear con eles sempre que se poida polo pasillo
  • Intentar que lle dea a luz de día e que de noite durma o mellor posible

Aínda así, facendo todo esto, é habitual que as personas con demencia se desorienten moito no hospital, que perdan o ritmo de sono habitual e incluso experimenten alucinacións ou episodios de agresividade. Estes cambios no comportamento chámanse “delirium” e poden asustarnos moito. Deben ser tratados adecuadamente polo personal responsable, ainda que a mellor estratexia sempre é previlo coas estratexias mencionadas anteriormente.

Conducción

Unha das dúbidas máis frecuentes nas consultas de Neuroloxía é se o doente pode seguir conducindo. Pese a non haber una directriz clara, parece existir un certo consenso en que as persoas con deterioro cognitivo ou demencia deben deixar de manexar un vehículo canto antes. Esta recomendación é máis importante aínda en persoas de idade avanzada, cuxas traxas de sinistralidade son maiores en comparación con outros grupos de idade.
Aínda así, isto non sempre se cumpre, de feito, existe unha alta porcentaxe de pacientes que seguen conducindo de modo habitual un ano despois do diagnóstico.
A importancia desta decisión radica en que nas manobras de condución traballan conxuntamente as funcións cognitivas, as visuperceptivas ou a coordinación visuomotora. Un déficit de atención, problemas para distinguir os sinais de tráfico ou a toma de decisións inadecuada propia das persoas con deterioro cognitivo ou demencia, fan que teñan máis risco dun accidente de tráfico que comprometa a súa vida e a de outros condutores ou peóns.
Cando é o momento de abandonar a condución? Unha correcta valoración por parte do especialista é suficiente. Nesa valoración teranse en conta varios aspectos como o historial como condutor, o diagnóstico, a medicación e outro tipo de patoloxías que puideran afectar á condución. Non obstante, existen uns Centros de Recoñecemento de Condutores (CRC) nos que se realiza unha avaliación multidisciplinar de cada caso que podería derivar en recoñecer á persoa como “non apta” para conducir.