Planificando o futuro xuntos

  • Ana Díaz Cortés. Socióloga.

Asuntos legais e financieros

Cando chega un enfermidade como esta, non pensamos de entrada en cuestións prácticas para o futuro, pero é importante pensar nelas e buscar consello sobre estes asuntos. Mentres a persona sexa capaz de manifestar os seus desexos e de entender as consecuencias das súas decisións, pode aínda facer planes nos terrenos legal e financieiro. Esto normalmente sucede nas fases iniciales da enfermidade, sendo máis difícil despois. Si hai dudas sobre a capacidade da persona de tomar estas decisións, é mellor consultalo co médico. Algúns aspectos a ter en conta tralo diagnóstico, no caso de poder aínda tomar decisións por si mesmos, son:

  • Elixir un representante ou persona de confianza que tome as decisións legais e financieiras cando nos xa non sexamos capaces e designalo de forma legal nas formas determinadas.
  • Poñer os asuntos do banco en orde e facilitar o seu manexo: unificar contas, domiciliar recibos, etc...
  • Escoller unha persona de confianza e explicarlle onde están os papeles importantes da casa
  • Poñer a unha persona de confianza autorizada na conta bancaria para axudarnos e controlar que non fagamos gastos indebidos ou perdamos cartos.
Se xa nos atopamos nun momento en que a persoa non é capaz de tomar estas decisións de forma consciente debemos buscar asesoramento xurídico para poder protexer os seus intereses. Hoxe en día a lei dispón de diferentes ferramentas que permiten garantir que se cumpra a vontade das persoas cando teñen diminuídas as súas capacidades, así como preservar e xestionar o patrimonio cando xa non se pode tomar unha decisión sobre el.< Estas ferramentas son moi protectoras para o enfermo. Chegado este punto é conveniente que a familia reciba un asesoramento personalizado e adaptado ás necesidades, de tal modo que poidan realizar unha organización e planificación progresiva.p> A lei prevé unhas medidas de apoio que deben prestarse ás persoas con discapacidade que terán por finalidade permitir o desenvolvemento pleno da súa personalidade e das súas necesidades xurídicas en condicións de igualdade co resto de persoas sen discapacidade. Estas son:p> Garda de feito Curatela Defensor xudicial

Saúde e coidados

Ademais dos esforzos de adaptación que conleva a transición dunha etapa do ciclo a outra, ao longo da vida da familia preséntanse situacións sobreañadidas, acontecementos vitais estresantes que dan lugar, en moitas ocasións, a crises familiares que se non son resoltas repercuten na saúde individual e na función familiar.

No caso de coidado de longa duración é moi importante establecer unha prevención do estrés en aras de preservar a saúde familiar, tanto física como emocional.

Así mesmo tamén é conveniente non descoidar a saúde dos propios pacientes. Máis aló da propia demencia, os enfermos están expostos a sufrir outras patoloxías polo que é conveniente establecer estratexias de prevención, manter as pautas de vacinación sempre que se poida e estar alerta a outros síntomas que se poidan presentar.

Fase final da enfermidade

O coidado dun paciente con demencia vai cobrando intensidade a medida que evoluciona a enfermidade. A fase final require unha atención continuada, unha etapa que pode resultar extenuante para os coidadores que tamén teñen que lidar coa carga da traxectoria de coidado e o duelo anticipado que supón enfrontarse ao desenlace.p>

Os coidadores han de tratar de preservar a calidade de vida e a dignidade do enfermo. En ocasións, o coidado no fogar vólvese complexo xa que o enfermo vólvese máis vulnerable ás infeccións e, en moitos casos, pode ter problemas de mobilidade engadidos. Resolver a atención na etapa final adoita ser unha das decisións máis difíciles ás que se enfrontan as familias. Nesta etapa valórase a institucionalización, un paso que debe acordarse de maneira conxunta e coa maior información posible.