É hereditario?

  • José Ramón Lorenzo. Neurólogo. POVISA
  • Clara Domínguez. Neuróloga. CHUS

A demencia, en todos os seus tipos, adoita ser unha enfermidade de herdanza complexa. Eso quere dicir que non se desenvolve por herdar un único xen dos pais, senon que inflúen moitos xenes diferentes e tamén factores ambientais e de estilo de vida. Aínda que os antecedentes familiares aumentan o noso risco de ter demencia, podemos non desenvolvela nunca, porque os xenes inflúen na probabilidade de padecer demencia, pero non provocan directamente a enfermidade. 

Que variantes xenéticas aumentan o risco de demencia?

As variantes xenéticas máis coñecidas son as da enfermidade de Alzheimer, na que se teñen identificado máis de 20 xenes. O máis coñecido é o da apolipoproteína E (APOE). A maioría de estas variantes solo aumentan moi lixeiramente o risco de desenvolver demencia fronte a unha persona que non as teña.

Si teño antecedentes familiares de demencia, podo reducir o meu risco de desenvolver a enfermidade?

Si, levando un estilo de vida saludable, manténdose activo física e intelectualmente (básicamente traballando sobre todos os factores de risco modificables que pode consultar no apartado “factores de risco”)

Existen formas de demencia hereditarias?

Nalgúns casos raros a demencia está causada por un solo xen e pode herdarse directamente de pais a fillos.

Dos tipos de demencia que hai, a demencia frontotemporal é a que máis frecuentemente se debe a un solo xen. A enfermidade de Alzheimer pode herdarse por un solo xen en casos raros.

Nestes casos a demencia adoita ser de inicio máis temprano na vida e hai moitos familiares afectados. As personas que herdan ese xen dos seus pais desenvolven con moi alta probabilidade a enfermidade.