- Celia Pérez. CHUAC
- Clara Domínguez. CHUS
¿Qué é a demencia?
Cando se di que unha persona ten demencia, quere decir que presenta unha perda de capacidades intelectuais que tiña previamente e que esta perda é suficientemente importante como para interferir na súa vida. Por exemplo, perdeu memoria e isto está empezando a impedirlle levar ben as contas personais ou faille esquencer citas importantes ou perder obxectos de forma continua.
¿É o mesmo que deterioro cognitivo?
¿É o mesmo que Alzheimer?
Non exactamente. A enfermidade de Alzheimer provoca demencia, pero non todas as personas con demencia teñen Alzheimer, algunhas teñen demencia provocada por outras causas (otras enfermidades dexenerativas ou incluso consumo de tóxicos, como por exemplo o alcol).
O máis probable e que o seu médico teña mencionado cal é a causa máis probable da súa demencia. En moitos casos non se pode saber con certeza cal é a causa e se fai un diagnóstico de probabilidade segundo os seus síntomas e os resultados de certas probas complementarias. Pode consultar as diferentes enfermidades causantes de demencia nos epígrafes correspondientes.
¿Vai ir a peor?
¿Ten tratamento?
Algunhas formas de demencia, como a causada pola E. Alzheimer, teñen tratamento farmacolóxico para paliar ou mellorar lixeiramente os síntomas. Outras enfermidades, coma a demencia frontotemporal, non teñen neste momento ningún tratamento farmacolóxico. En calquera caso, non hai tratamento curativo para as demencias causadas por enfermidades neurodexenerativas, é decir, os tratamentos poden mellorar os síntomas ou ralentizar a progresión, pero en ningún caso eliminan a enfermidade ou a paran.
Esto non quere dicir que non poidamos facer nada. Como en moitas enfermidades neurolóxicas, ten moita importancia o tratamento rehabilitador mediante terapias non farmacolóxicas como a estimulación cognitiva, terapia ocupacional, exercicio físico… que aínda que non curan a enfermidade poden mellorar moito a calidade de vida da persona afectada e dos seus familiares.
¿Qué fago agora?
Recibir un diagnóstico de demencia é un golpe duro para o paciente e a súa contorna. Aínda así, é importante ter en mente que cada caso é diferente e a evolución pode ser moi variable. Recibir o diagnóstico non é a fin da súa vida, pode seguir disfrutando e manterse activo realizando adaptacións segundo os síntomas vaian aparecendo. É de suma importancia que a partir de ese momento, si non o facía xa, coide a súa saúde física e reduza os factores risco vascular (tabaco, hipertensión, colesterol…) e que inicie programas de estimulación física e cognitiva. Tamén é moi boa idea iniciar unha busca de recursos de apoio, que nos farán falta a medida que a enfermidade avance, e pensar como queremos que se fagan as cousas cando cheguemos a fases máis avanzadas da enfermidade nas que xa non podamos decidir ou expresar ben a nosa vontade.













